Home > Servizos dirixidos a > Estudantes
A Fundación Comillas é o proxecto máis ambicioso para o ensino do español para estranxeiros.
O Campus é líder na formación, investigación e difusión da lingua española e a cultura hispánica, e está situado na privilexiada localidade turística de Comillas (Cantabria, ao norte de ESPAÑA).
Sexa cal for o teu nivel, se queres aprender ou mellorar o teu español gozando da cultura hispánica, estes cursos son para ti. Descobre un lugar de encontro para estudantes de español de todo o mundo.
A Fundación Comillas ofrece cursos que cobren todos os niveis, desde o básico ata o máis avanzado, con contidos cada vez máis especializados de cultura hispánica.
Os cursos impártense de maneira presencial nas aulas da Fundación Comillas. Tamén inclúen compoñentes virtuais, facilitados pola potente infraestrutura tecnolóxica despregada en Comillas, que permite adaptar os cursos a formatos semipresenciais.
Para que sexas quen de comunicarte en español. Para iso desenvólvense actividades que integran as catro destrezas: falar, entender, escribir e ler en español, e que dan a coñecer aspectos culturais de España e Hispanoamérica.