Home > A Fundación Comillas > Información académica
A Fundación Comillas busca, desde a excelencia, dar resposta ás necesidades específicas de aprendizaxe do español para Estudantes, Profesores, Directivos e Institucións interesados en desenvolverse no ámbito do español.
No caso dos Estudantes, ademais de axeitar en todo momento a docencia do idioma ao perfil propio de cada estudante, aos seus intereses e necesidades concretas, na Fundación Comillas búscase integrar lingua e cultura como partes indisolubles do español. Para iso, xunto á aprendizaxe do idioma nos diferentes niveis, coidarase de xeito especial o feito de que o estudante viva de preto a cultura española na súa estadía diaria en Comillas.

Por outra banda, o noso centro, no seu afán por satisfacer as necesidades máis esixentes dos Profesores de español, ofrece un deseño de cursos totalmente adaptado á actualidade da docencia de ELE. Así, a formación para profesores de español céntrase nas tres grandes cuestións que articulan o labor docente: como ensinar, a quen ensinar e que ensinar. Por este motivo, os Cursos para Profesores pódense estruturar en tres grandes tipos que fan referencia á metodoloxía didáctica, ás características dos estudantes e ao contido da docencia. Cubriranse de modo especial as carencias que os profesores de Español con Fins Específicos presenten no seu labor educativo.
Para os Directivos e Profesionais elaborouse con especial esmero unha oferta adaptada. Alén dun coñecemento xeral da lingua e a cultura hispánicas, as persoas que empregan o español como unha ferramenta na súa actividade laboral teñen necesidades moi concretas. Estas necesidades céntranse, principalmente, nas habilidades comunicativas e nas contornas nas que deben aplicarse ditas destrezas. Os cursos que ofrece o noso centro toman os citados aspectos como fundamentos á hora de planificar estes módulos.
Finalmente, a Fundación Comillas abre as súas portas ásInstitucións que poidan necesitar das súas instalacións para mellorar as competencias e habilidades dos seus empregados a través de cursos de formación. Deste xeito afiánzase o interese da Fundación polo uso da lingua en contextos profesionais.