Home > A Fundación Comillas > Coñece a Fundación > Organización

Coñece a Fundación: Organización

A Fundación está composta por tres sociedades a través das que se instrumentalizan as diferentes accións que terán lugar nesta Institución. As tres sociedades son o Centro Internacional de Estudos Superiores do Español (CIESE), a Sociedade de Expansión Comercial (SEC) e a Sociedade de Activos Inmobiliarios (SAI).

 

O Centro Internacional de Estudos Superiores do Español ou CIESE ocúpase de todas as actividades de natureza académica e investigadora coas que conta a Fundación Comillas. Un aspecto moi importante é que este centro contará coa posibilidade de ofrecer títulos oficiais de español e créditos universitarios, grazas á súa colaboración coa Universidade de Cantabria.

A Sociedade de Expansión Comercial ou SEC está dotada da estrutura necesaria para unha eficiente e eficaz comercialización das actividades da Fundación Comillas. Os servizos realizados para tal fin serán cargados ao CIESE. Ademais, esta sociedade coordina actividades da Fundación Comillas distintas ás puramente académicas, como son as actividades culturais, deportivas, de aloxamento ou publicidade, entre outras.

A Sociedade de Activos Inmobiliarios ou SAI encárgase de toda a xestión inmobiliaria, dentro da cal caben destacar as obras de rehabilitación do Seminario Maior. Esta sociedade é propietaria dos edificios, aínda que llos cederá mediante contrato de aluguer ao Centro Internacional de Estudos Superiores do Español (CIESE) para o desenvolvemento da súa actividade académica, así como tamén á Fundación Comillas e á Sociedade de Expansión Comercial (SEC), para o establecemento das súas oficinas centrais.