Home > A Fundación Comillas > Vida comunitaria > Actividades deportivas

Vida comunitaria: Actividades deportivas

Apostar polo deporte é garantía de diversión, convivencia e saúde. A nosa Institución sábeo e por iso ofrece, ademais das actividades deportivas máis coñecidas, outras opcións orixinais que cubrirán as expectativas do estudante máis esixente.

 

Surf

O Mar Cantábrico ten algunhas das mellores olas de Europa para practicar este deporte. A costa de Comillas está enclavada nunha das contornas surfeiras máis importantes de España. Temos á nosa disposición, ademais, os mellores profesores de surf.

Espeleoloxía

En Cantabria existen importantes enclaves prehistóricos, así como lugares de indubidable interese xeolóxico. Moi próximas a Comillas están as Covas de Altamira e a Cova de El Soplao, visitas que non debe perderse o estudante que acuda ao noso centro.

Vela

Para os amantes do mar, ofrecemos cursos de vela a todos os niveis impartidos por profesores con grande experiencia e cualificación.

Outras actividades

Para coñecer a contorna privilexiada de Comillas ―as montañas, as praias, etc.― ofrecemos outras actividades en contacto directo coa natureza, como sendeirismo polo Parque Natural do Oyambre, ou o Monte Corona, a menos de 5 km da vila.

Tamén dispoñemos dunha oferta de paseos a cabalo ou rutas en quad por circuítos de montaña.

Para satisfacer todos os gustos, a Fundación poñerá a disposición do estudante a posibilidade de practicar tamén o golf, a equitación, o fútbol, o pádel, o tenis, o rafting ou o barranquismo.

 

http://www.comillas.es/rutasturisticas.asp