Home > A Fundación Comillas > Vida comunitaria > Actividades culturais

Vida comunitaria: Actividades culturais

A cultura e a arte son fontes de coñecemento e deleite. A Fundación ofrece un amplo conxunto de actividades culturais interesantes e novidosas, para as cales a vila de Comillas resulta un enclave perfecto debido ao seu rico patrimonio arquitectónico.

Cinema e filmoteca

A través da filmoteca do campus ofrécense ciclos monográficos e películas españolas de interese cultural e social. Trala súa proxección terán lugar coloquios nos que contaremos coa presenza de destacados directores do panorama cinematográfico español.

 

 

Arte

ArteAchegamento á arte Modernista, amplamente representada na arquitectura de Comillas, co formato de visita guiada.

 

 

 

Cociña

Como unha parte importante do contacto coa cultura española e cántabra, intégrase a actividade de clases de cociña, onde se persegue un triplo obxectivo: a confección dos pratos máis representativos da gastronomía española, a práctica do español nunha contorna lúdica e o achegamento á idiosincrasia do país a través da súa gastronomía.

 

 

Teatro

O obradoiro de Artes Escénicas Marqués de Comillas ofrece unha programación especial de obras de teatro que veñen completar a oferta cultural.

 

 

http://www.comillas.es/agenda.asp