Home > A Fundación Comillas > Situación e contorna > Como chegar

Situación e contorna: Como chegar

Comillas dispón de frecuentes e rápidas conexións por autobús con Santander, a capital da rexión.

O acceso a Santander realízase por diferentes medios:

  • Por estrada. Santander está situada a 200 km. da fronteira con Francia (A8), a 360 km. de Madrid (A1) e dispón de conexións por autoestrada con toda Europa. Existen liñas de autobús con numerosas cidades españolas e europeas.
  • Por Ferry. A liña Plymouth-Santander é unha fórmula conveniente para aqueles estudantes orixinarios de Gran Bretaña que desexen viaxar co seu propio vehículo (www.brittanyferries.es).
  • Por Tren. Existen liñas regulares con Madrid, Barcelona e o resto de capitais españolas, así como coa fronteira francesa (www.renfe.es e www.feve.es).
  • Por Avión. Con voos directos a Santander desde numerosos destinos españois e internacionais (www.iberia.es), incluídas liñas de baixo custo.

Ademais, existen varios aeroportos dotados de conexións internacionais próximos a Comillas, entre os que se atopan Bilbao, Asturias, Valladolid e Santiago de Compostela.

Ver situación en Google Maps

 

Servizos auxiliares

A Fundación realiza un servizo de Recollidadesde o Aeroporto, as estacións de autobuses e tren de Santander (consultar tarifas). Tamén dispón dun Servizo de Atención ao Estudante para axudalo no seu día a día.