Home > Servizos dirixidos a > Executivos > Información

Executivos: Información

Quen somos?

A Fundación Comillas dá prioridade á atención personalizada no seu propósito de ser un campus alternativo, unha institución de referencia internacional na formación, investigación e difusión da lingua española e a cultura hispánica nos seus contextos profesionais.

Para quen?

Para directivos e profesionais que usan o español como ferramenta de traballo e requiren facelo mediante unhas habilidades comunicativas axeitadas a uns sectores específicos de actividade, alén dun coñecemento xeral da lingua española e a cultura hispánica.

Que?

Ofrecemos cursos formativos con contidos e obxectivos diferentes:

  • Cursos que teñen como finalidade a adquisición do español propio do ámbito dos negocios.
  • Cursos de habilidades comunicativas.
  • Cursos con contidos moi especializados dentro do mundo dos negocios en español.
  • Cursos a medida, deseñados para satisfacer calquera tipo de demanda.

Como?

Os materiais didácticos dos nosos cursos de lingua española para profesionais e directivos combinan métodos de calidade contrastada con produtos de elaboración propia, en soporte físico e virtual. Ao finalizar os cursos, os alumnos recibirán un Certificado da Fundación Comillas.