Home > Servizos dirixidos a > Executivos > Características xerais
O Seminario Maior, edificio de innegable valor artístico, verase dotado das máis modernas tecnoloxías aplicadas ao ensino de linguas, unha vez finalizada a primeira fase da súa restauración a mediados de 2009. Ademais, o seu deseño modular permite adaptar as súas aulas ás necesidades específicas dos cursos alí impartidos.
O Pazo de Sobrellano, edificio emblemático da vila que nos acolle, é o lugar onde a Fundación Comillas organiza congresos, convencións ou conferencias de todo tipo, abranguendo desde encontros de hispanistas ata convencións de empresas.
O antigo Concello de Comillas, clásico edificio cántabro do século XVIII, debido ás súas dimensións, ofrece unha contorna ideal para grupos. Estas características fan deste centro un lugar privilexiado para o desenvolvemento das nosas actividades.
A Casa do Duque e a Casa de Moro, residencias señoriais do século XIX, son unha mostra máis do amplo abanico de lugares dispoñibles para os nosos fins.
Os cursos da oferta xeral da Fundación Comillas inclúen compoñentes virtuais e poden ser adaptados a formatos semipresenciais. Os módulos presenciais ofreceranse nas instalacións da Fundación.
Para reforzar o aspecto práctico, moi valorado por parte dos executivos e profesionais, o enfoque metodolóxico dos cursos da Fundación Comillas dá preferencia ao cumprimento de obxectivos comunicativos que permitan aos estudantes desenvolverse en contextos empresariais. O programa de aprendizaxe da lingua organízase en torno a actividades de uso real da lingua que permitan a posta en práctica inmediata do aprendido na clase.
Para iso, desenvólvense actividades comunicativas dinámicas que integran as catro destrezas (falar, entender, escribir e ler) e que dan a coñecer aspectos culturais, económicos, empresariais e profesionais, tanto de España como de Iberoamérica.
A título ilustrativo, o estudo de casos prácticos de empresas multinacionais constitúe unha ferramenta moi eficiente no proceso de aprendizaxe deseñado para executivos e profesionais.
Doutores e licenciados con Máster ou expertos no ensino do español como lingua estranxeira (ELE). Especialistas en materia de economía, empresa e dereito con experiencia na transmisión de contidos en español como lingua estranxeira.
Nun afán por acadar a excelencia, o número de estudantes por grupo nos cursos da Fundación é dun mínimo de 5 e un máximo de 10.
As clases un a un son un formato de cursos flexible e atractivo para altos directivos e profesionais con pouca dispoñibilidade de tempo.
Grazas ao noso Departamento de Cursos a medida, existe a posibilidade de personalizar actividades para grupos de calquera número de persoas.
A oferta de cursos para directivos e profesionais inclúe diferentes niveis de ensino, organizados de acordo co Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e o Plan Curricular do Instituto Cervantes*.
Antes do comezo do curso, os alumnos realizarán unha proba para definir os seus niveis de español e seren situados así no grupo máis axeitado.
Comprender e utilizar expresións cotiás de uso moi frecuente, así como frases destinadas a satisfacer necesidades de tipo inmediato.
Presentarse a si mesmo e a outros, pedir e dar información persoal básica sobre o enderezo, as pertenzas e as persoas que se coñecen.
Relacionarse de forma elemental e cooperativa en lingua española, tanto con falantes nativos como con estranxeiros.
Comprender frases e expresións de uso frecuente relacionadas con áreas de experiencia que son especialmente relevantes para o alumno (información básica sobre si mesmo e a súa familia, compras, lugares de interese, ocupacións, etc.).
Ser quen de comunicarse á hora de levar a cabo tarefas simples e cotiás que non requiran máis que intercambios sinxelos e directos de información sobre cuestións que lle son coñecidas ou habituais.
Describir aspectos do seu pasado e a súa contorna así como cuestións relacionadas coas súas necesidades inmediatas.
Comprender os puntos principais de textos, especialmente se tratan cuestións coñecidas, tanto en situacións de traballo como de estudo ou de lecer. Desenvolverse en situacións que poden xurdir durante as viaxes.
Producir textos sinxelos e coherentes sobre temas familiares ou de interese do alumno.
Describir experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente opinións ou explicar plans.
Entender textos complexos que traten temas tanto concretos coma abstractos, incluídos aspectos técnicos do eido de especialización do estudante.
Relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade como para garantir unha comunicación sen esforzo.
Producir textos claros e detallados sobre temas diversos, así como defender un punto de vista sobre temas xerais, indicando vantaxes e inconvenientes das distintas opcións
Comprender unha ampla variedade de textos extensos cun certo nivel de esixencia e expresarse de forma fluída e espontánea.
Facer un uso efectivo do idioma para fins sociais, académicos e profesionais.
Producir textos claros, ben estruturados e detallados sobre temas de certa complexidade, mostrando un uso correcto dos mecanismos de organización, articulación e cohesión do texto.
Comprender con facilidade calquera tipo de texto e aprender a buscar a información que se necesita.
Recompilar información de fontes diferentes e presentala de xeito coherente e resumido.
Expresarse con gran fluidez ata en situacións de gran complexidade lingüística e comunicativa.
Os cursos que se propoñen teñen distinta duración. A distribución do número de sesións por semana pode variar de acordo cos seguintes formatos: