Home > A Fundación Comillas > Club de amigos
Teñen a consideración de Amigos da Fundación Comillas as persoas físicas e asociacións sen ánimo de lucro que manifesten o seu desexo de selo, e que abonen unha cota anual de polo menos cento cincuenta euros. A Fundación dispón de diversas bonificacións que serán do cincuenta por cento no caso de veciños residentes e asociacións con enderezo na vila de Comillas, e do trinta por cento para aquelas domiciliadas en Cantabria.
Os Amigos da Fundación Comillas recibirán un carné ou diploma acreditativo cun ano de validez. Estes serán convocados, polo menos unha vez ao ano, a un acto social da Fundación.
Por último, gozarán de descontos especiais na utilización de todos os servizos que se presten no campus nas condicións que se fixen para cada caso.
Se desexa máis información sobre Amigos da Fundación Comillas escriba ao noso enderezo de contacto: amigos@fundacioncomillas.es