Home > Servizos dirixidos a > Executivos
> Curso de habilidades comunicativas en español
Executivos: Curso de habilidades comunicativas en español
Cursos destinados a desenvolver as destrezas dos profesionais que usan o español como ferramenta de traballo, sempre baixo un enfoque práctico. Os cursos teñen unha duración de 30 horas lectivas. Ademais dos contidos lingüísticos, comunicativos e culturais, estes cursos ofrecen contidos especializados. Existen dous cursos:
1. Negociación en español
- O estudante coñecerá os métodos de comunicación para o desenvolvemento de negociacións en lingua española e coñecerá a cultura da negociación en países hispanofalantes.
- Desenvolverá as habilidades e técnicas lingüísticas necesarias para comunicarse en situacións de ámbito laboral.
- Adquirirá a confianza necesaria para a comunicación en situacións laborais reais, coa axuda de prácticas de pronunciación e expresión oral.
- Gañará en eficiencia, negociando con soltura e precisión.
- Nivel de español mínimo requirido: Nivel B1 (intermedio).
- Contidos específicos do curso:
- Ademais dos contidos comunicativos, culturais e lingüísticos, este curso ofrece contidos especializados tales como:
- Acordos con clientes e provedores
- Presentación de ideas para a resolución de conflitos
- Reparto de funcións dentro dun equipo
- Decisións sobre cronogramas e orzamentos
- Acordos sobre soldos e condicións de traballo en xeral
2. Exposicións e presentacións en español
- Neste curso, o estudante desenvolverá as súas habilidades para impartir conferencias, relatorios, exposicións ou presentacións en público en lingua española.
- Adquirirase experiencia sobre a cultura das presentacións públicas en países hispanofalantes.
- Nivel de español mínimo requirido: Nivel B1 (intermedio)
- Algúns dos contidos de especialidade do curso son:
- A exposición como comunicación no mundo dos negocios
- Tipos de exposicións segundo negocios
- Estrutura básica dunha exposición e as súas diferentes formulacións