Home > Servizos dirixidos a > Executivos > Cursos a medida
A Fundación Comillas ofrece cursos deseñados para satisfacer as demandas de institucións, empresas multinacionais e Pemes de todos os sectores que requiren unha formación particular en lingua española e cultura hispánica, non coincidente cos módulos anteriormente presentados.
Será posible, nalgúns casos, ofreceren estes cursos nas instalacións das empresas ou institucións que así o soliciten.
O deseño personalizado destes cursos refírese tanto ao contido como á súa duración e á data de celebración.
A Fundación estudará todas as propostas que lle sexan realizadas en canto ao deseño de cursos «à la carte».
O noso departamento de Estudo e Desenvolvemento encargarase de estudar as súas propostas e ofrecer a solución máis axeitada ás súas necesidades. Para acceder a unha información máis detallada e personalizada, pode entrar directamente en contacto co devandito departamento a través do noso portal da Internet ou a través do correo electrónico: comillasalacarte@fundacioncomillas.es