Home > Servizos dirixidos a > Profesores > Información xeral

Profesores: Información xeral

Formatos e horarios

A Fundación Comillas busca a máxima adaptación da oferta formativa á dispoñibilidade de tempo tanto do futuro profesor de ELE, como dos profesionais do ensino que buscan unha actualización dos seus coñecementos.

Para iso, ofrece os seguintes formatos e horarios:

  1. Cursos intensivos. Ofrécense 8 cursos de fin de semana, entre os meses de marzo e decembro. Son cursos presenciais de 10 horas, cunha carga total correspondente a 1 crédito ECTS. O horario disponse do seguinte xeito: venres, de 16.00 a 20.00 e sábados, de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.00.
  2. Módulos para profesores de Español con Fins Específicos (EFE). Entre os meses de xullo e setembro, ofrécense 4 módulos de 1 semana de duración. Cada un deles ofrécese nun total de 30 horas presenciais cunha carga total correspondente a 3 créditos ECTS. Un crédito ECTS corresponde a 25 horas de preparación, comunicación e estudo do módulo ou materia. O horario será de luns a venres, de 9 a 13.30 e de 15.00 a 17.00. Cada un destes cursos constitúe un módulo de formación que se complementará con outros cursos consonte o plan de formación de profesores de español da Fundación Comillas.
  3. Máster en Ensino de Español como Lingua Estranxeira De outubro a maio ofrécese este título propio en colaboración coa Universidade de Cantabria en horario de luns a venres de 16.00 a 20.00. Obtense con el un total de 60 créditos.

Estrutura modular

O conxunto da oferta de formación de profesores responde a unha estrutura modular ou con posibilidade de escalala, de forma que o estudante pode construír o seu currículo de xeito flexible e pode, así, acumular créditos ata obter o título ou diploma desexado. El mesmo elabora a súa formación á medida das súas necesidades.

Cada un dos Cursos intensivos equivale a 1 crédito ECTS. Realizados os oito cursos intensivos e reunidos, xa que logo, un total de 8 créditos, estes pódense engadir aos 12 que constitúen os Módulos de profesores de Español con Fins Específicos para así completar os 20 créditos esixidos para conseguir o Título de Experto Universitario. Do mesmo xeito, poderá, con este último título, acceder ao Máster en Ensino de Español como Lingua Estranxeira.

Desta maneira, o estudante:

  • Terá a posibilidade de asistir aos Cursos intensivos ―e aos que integran a oferta de Módulos de EFE― de forma independente, nun ou varios cursos académicos.
  • Poderá acceder a un Diploma de Curso Universitario de Formación Continua cun mínimo de 1 crédito e un máximo de 5 créditos.
  • Poderá obter o Diploma correspondente a un Curso Universitario de Especialización cun mínimo de 5 créditos e un máximo de 15.
  • Poderá obter, ademais do Diploma, créditos de libre elección computables nos seus estudos.
  • Terá a posibilidade de conseguir o Título de Experto Universitario se suma os créditos computados nos Diplomas citados cos créditos doutros cursos de formación continua ata acadar os 20 créditos requiridos para este título propio.
  • Poderá validar 15 créditos deste programa pola parte non presencial do Máster en Ensino de Español como Lingua Estranxeira.