Home > Servizos dirixidos a > Profesores > Módulos para profesores de Español con Fins Específicos

Profesores: Módulos para profesores de Español con Fins Específicos

Obxectivos xerais

Estes módulos permiten que o profesor de español profunde nas necesidades específicas de comunicación formal e funcional que se suscitan nos diversos ámbitos profesionais. As linguas especializadas xorden dentro da lingua común, compartindo con ela a maioría dos seus trazos estruturais, especialmente no que se refire á morfoloxía e á sintaxe. Con todo, diferéncianse da lingua común nas necesidades citadas, as que permiten aos estudantes comunicarse de maneira dilixente nos ámbitos comerciais, científicos, do turismo e das relacións internacionais, entre outros.

Formulación

Estes módulos sucédense desde a formulación máis xeral ata a máis específica, tal e como se detalla a continuación:

  • Módulo Esencial: abórdase nel unha panorámica xeral sobre as linguas de especialidade: os trazos que as diferencian da lingua común nos seus aspectos lingüísticos, pragmáticos e funcionais.
  • Módulo Avanzado: ofrécese unha visión sobre os distintos enfoques, a metodoloxía e as orientacións didácticas do ensino do Español con Fins Específicos.
  • Módulo Superior Especializado: céntrase no estudo dos principais ámbitos profesionais nos que o ensino e a aprendizaxe do español cobrou nas últimas décadas unha especial relevancia. Referímonos á importancia que a lingua española ―como vehículo de expresión cultural, comercial e científica― adquiriu no terreo científico, comercial, turístico e das relacións internacionais. Dentro del, establécense dous submódulos: o de Negocios e Banca e o Sectorial.
  • Os módulos Esencial (1) e Avanzado (2) responden a unha formulación xeral (e constitúen o módulo Esencial), mentres o módulo Superior Especializado (3) corresponde a unha formulación específica (e constitúe, xa que logo, o módulo Superior). Poderán acceder a eles os titulados, profesionais e estudantes, tanto de primeiro como de segundo ciclo universitarios.

Relación de módulos

  • MÓDULO ESENCIAL: DIDÁCTICA DAS LINGUAS DE ESPECIALIDADE
    • Obxectivos específicos
      • Aproximarse ao panorama actual ―fontes, temas e recursos didácticos― das linguas de especialidade.
      • Describir os aspectos e características xerais das linguas de especialidade.
      • Coñecer as principais fontes didácticas para desenvolver clases de Español con Fins Específicos.
      • Analizar os compoñentes básicos que implica a programación dun curso de especialidade.
    • Contidos
      • Lingua xeral e linguas de especialidade.
      • A linguaxe científico-técnica.
      • Aspectos lingüísticos, pragmáticos e funcionais das linguas de especialidade.
      • Variación nas linguaxes de especialidade.
      • Os documentos especializados.
      • A terminoloxía nas linguaxes especializadas.
    • Destinatarios
      • Profesores de español como lingua estranxeira e profesores de linguas estranxeiras.
      • Licenciados e estudantes de segundo ciclo de Filoloxía que desexen orientar a súa formación cara ao ensino do español para estranxeiros.
      • Licenciados en Filoloxía, Tradución e Interpretación, Humanidades ou Ciencias Sociais que desexen adquirir a formación necesaria na didáctica das linguas de especialidade.
  • MÓDULO AVANZADO: METODOLOXÍA DAS LINGUAS DE ESPECIALIDADE
    • Obxectivos específicos
      • Achegárense aos diferentes enfoques existentes para o ensino das linguas de especialidade.
      • Propoñer orientacións metodolóxicas para un bo desenvolvemento das actividades de comunicación en contextos profesionais.
      • Aproximar o profesional do ensino de EFE á elaboración dos seus propios materiais didácticos.
    • Contidos
      • Introdución.
      • Enfoque, metodoloxía e orientacións didácticas do ensino do Español con Fins Específicos.
      • Enfoques no ensino da lingua con fins específicos.
      • Metodoloxía do ensino de linguas de especialidade.
      • Análise de necesidades.
      • Estudos de casos.
      • Proxectos
      • Simulacións e dramatizacións
    • Destinatarios
      • Profesores de español como lingua estranxeira e profesores de linguas estranxeiras.
      • Licenciados e estudantes de segundo ciclo de Filoloxía que desexen orientar a súa formación cara ao ensino do español para estranxeiros.
      • Licenciados en Filoloxía, Tradución e Interpretación, Humanidades ou Ciencias Sociais que desexen adquirir a formación necesaria na metodoloxía das linguas de especialidade.
  • MÓDULO SUPERIOR ESPECIALIZADO: ESPAÑOL DOS ÁMBITOS PROFESIONAIS
    1. SUBMÓDULO DE NEGOCIOS E BANCA:
      1. Español da economía e os negocios
        • Obxectivos
          • Diagnosticar as necesidades de formación dun profesor de español dos negocios.
          • Desenvolver as habilidades e coñecementos axeitados para desempeñar as tarefas propias deste perfil de docencia.
          • Adquirir os recursos para resolver os problemas concretos e cotiáns que este especialista atopa na aula de español.
          • Proporcionar ferramentas para a elaboración dos seus propios materiais didácticos.
        • Contidos
          • Obxectivos dos cursos de español comercial.
          • Organización dos cursos.
          • Contidos:
            • De nivel inicial.
            • De nivel intermedio.
            • De nivel superior.
          • Metodoloxía:
            • Expresión oral.
            • Comprensión auditiva.
            • Expresión escrita.
            • Comprensión lectora.
          • Materiais didácticos.
        • Destinatarios
          • Profesores de español como lingua estranxeira.
          • Licenciados en Filoloxía, Tradución e Interpretación, Humanidades ou Ciencias Sociais que desexen adquirir a formación necesaria para especializarse no español dos negocios.
      2. Español da banca
        • Obxectivos
          • Diagnosticar as necesidades de formación dun profesor de español da banca.
          • Desenvolver as habilidades e coñecementos axeitados para desempeñar as tarefas propias deste perfil de docencia.
          • Adquirir os recursos para resolver os problemas concretos e cotiáns que este especialista atopa na aula de español.
          • Proporcionar ferramentas para a elaboración dos seus propios materiais didácticos.
        • Contidos
          • Destrezas orais
            • Coñecemento e práctica das estratexias de comunicación financeira.
            • Coñecer e aplicar na aula de ELE as habilidades implicadas nas actividades comunicativas, como a presentación de proxectos ou a defensa de argumentos propios en reunións de traballo.
            • Análise das situacións comunicativas no contexto financeiro: conversación telefónica, presentación oral en público ou reunións de traballo.
          • Destrezas escritas
            • Análise dos principais documentos escritos no sector financeiro: informes, proxectos, correspondencia, etc.
            • Metodoloxía para a aprendizaxe das habilidades escritas implicadas.
          • Destrezas culturais
            • Aspectos culturais que acompañan os actos comunicativos na relación interpersoal. Casos prácticos de protocolo.
            • Desenvolvemento da competencia intercultural nos ámbitos persoal, público e profesional do sector bancario. Simulación e casos prácticos.
            • O choque cultural e as normas nas culturas en contacto. Recursos para conseguir a comprensión por parte do alumno.
            • Actividades culturais relacionadas coa cultura financeira en España e Iberoamérica.
          • Vocabulario
            • Sistema financeiro español: desenvolvemento estrutural e organizativo.
            • Globalización dos mercados financeiros.
            • Integración a escala internacional do sistema financeiro español.
            • Expansión internacional da banca española.
        • Destinatarios
          • Profesores de español como lingua estranxeira.
          • Licenciados en Filoloxía, Tradución e Interpretación, Humanidades ou Ciencias Sociais que desexen adquirir a formación necesaria para especializarse no español da banca.
      3. Español do comercio
        • Obxectivos
          • Diagnosticar as necesidades de formación dun profesor de español do comercio.
          • Desenvolver as habilidades e coñecementos axeitados para desempeñar as tarefas propias deste perfil de docencia.
          • Adquirir os recursos para resolver os problemas concretos e cotiáns que este especialista atopa na aula de español.
          • Proporcionar ferramentas para a elaboración dos seus propios materiais didácticos.
        • Contidos
          • Destrezas escritas
            • Análise e didáctica da correspondencia comercial: cartas de pedido, de acuse de recibo, de reclamación.
            • Análise e didáctica dos documentos comerciais: factura, cheque, letra de cambio, estudos de mercado, elaboración de notas de síntese.
          • Destrezas orais
            • Análise e didáctica das relacións telefónicas na xestión comercial.
            • Análise e didáctica das exposicións orais sobre temas comerciais de actualidade.
            • Análise e didáctica dos debates sobre temas comerciais. Ensinar a defender e argumentar.
          • Destrezas culturais
            • Desenvolvemento da competencia cultural e pragmática que o alumno de ELE debe desenvolver na casuística do español comercial.
            • Análise e metodoloxía dos valores culturais presentes nas relacións comerciais de España e Iberoamérica: o tempo e o seu control, as relacións humanas, tradición e cambio, competencia e cooperación.
          • Vocabulario
            • Investigación de mercados.
            • Funcións do marketing.
            • Mercado español e iberoamericano.
            • Control de calidade.
            • Importación e exportación en España e Iberoamérica.
        • Destinatarios
          • Profesores de español como lingua estranxeira.
          • Licenciados en Filoloxía, Tradución e Interpretación, Humanidades ou Ciencias Sociais que desexen adquirir a formación necesaria para especializarse no español do comercio.
    2. SUBMÓDULO SECTORIAL
      1. Español da saúde
        • Obxectivos
          • Diagnosticar as necesidades de formación dun profesor de español da saúde.
          • Desenvolver as habilidades e coñecementos axeitados para desempeñar as tarefas propias deste perfil de docencia.
          • Adquirir os recursos para resolver os problemas concretos e cotiáns que este especialista atopa na aula de español.
          • Proporcionar ferramentas para a elaboración dos seus propios materiais didácticos.
        • Contidos
          • Introdución.
          • A linguaxe científica e as súas aplicacións didácticas.
          • Características das linguaxes científicas.
          • A formación dos vocabularios científicos.
          • Os discursos científicos. Características máis salientables.
          • Didáctica da linguaxe científico-técnica.
          • A tradución de materias científicas en ámbitos laborais.
          • Materiais didácticos.
        • Destinatarios
          • Profesores de español como lingua estranxeira e profesores de linguas estranxeiras.
          • Licenciados e estudantes de segundo ciclo de Filoloxía que desexen orientar a súa formación cara ao ensino do español para estranxeiros.
          • Licenciados en Filoloxía, Tradución e Interpretación, Humanidades ou Ciencias Sociais que desexen adquirir a formación necesaria no español da saúde.
      2. Español do turismo
        • Obxectivos
          • Diagnosticar as necesidades de formación dun profesor de español do turismo.
          • Describir os aspectos e características xerais da linguaxe do turismo.
          • Expoñer as situacións de comunicación oral e escrita relacionadas cos servizos turísticos.
          • Desenvolver as habilidades e coñecementos axeitados para desempeñar as tarefas propias deste perfil de docencia.
          • Adquirir os recursos para resolver os problemas concretos e cotiáns que este especialista atopa na aula de español.
          • Proporcionar ferramentas para a elaboración dos seus propios materiais didácticos.
        • Contidos
          • Introdución.
          • Análise de necesidades.
          • O punto de vista do experto no ensino / aprendizaxe de ELE.
          • Metodoloxía.
          • Español para as vacacións.
          • Tradución e interpretación no ámbito do turismo.
          • Materiais didácticos.
        • Destinatarios
          • Profesores de español como lingua estranxeira e profesores de linguas estranxeiras.
          • Licenciados e estudantes de segundo ciclo de Filoloxía que desexen orientar a súa formación cara ao ensino do español para estranxeiros.
          • Licenciados en Filoloxía, Tradución e Interpretación, Humanidades ou Ciencias Sociais que desexen adquirir a formación necesaria no español do turismo.
      3. Español das Relacións Internacionais
        • Obxectivos
          • Diagnosticar as necesidades de formación dun profesor de español de relacións internacionais.
          • Desenvolver as habilidades e coñecementos axeitados para desempeñar as tarefas propias deste perfil de docencia.
          • Adquirir os recursos para resolver os problemas concretos e cotiáns que este especialista atopa na aula de español.
          • Proporcionar ferramentas para a elaboración dos seus propios materiais didácticos.
        • Contidos
          • Introdución.
          • Análise de necesidades.
          • Tradución e interpretación no ámbito das relacións internacionais.
          • Análise e didáctica de documentos internacionais de economía, dereito, institucións e organismos internacionais.
          • Formulación de proxectos en desenvolvemento, axuda humanitaria e cooperación internacional.
          • Identificación e xestión de problemas de carácter institucional, organizativo e estratéxico nas relacións internacionais.
          • Metodoloxía.
          • Materiais didácticos.
        • Destinatarios
          • Profesores de español como lingua estranxeira e profesores de linguas estranxeiras.
          • Licenciados e estudantes de segundo ciclo de Filoloxía que desexen orientar a súa formación cara ao ensino do español para estranxeiros.
          • Licenciados en Filoloxía, Tradución e Interpretación, Humanidades ou Ciencias Sociais que desexen adquirir a formación necesaria no español das relacións internacionais.