Home > Servizos dirixidos a > Profesores > Cursos intensivos

Profesores: Cursos intensivos

Obxectivos xerais

A finalidade dos módulos intensivos é a de dotar ao profesor de ELE das ferramentas necesarias para actualizar e dinamizar as súas clases de español. Dita actualización debe realizala considerando sempre os últimos documentos do Consello de Europa, como o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). Así mesmo, debe considerar as achegas das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), tan necesarias hoxe no mundo de ELE. E non debe perder de vista nunca os textos (de expresión e comprensión escritas, por exemplo) de uso na vida diaria dunha lingua. Para rematar, debe adquirir as técnicas básicas para estimular ao máximo as súas clases de español.

Relación de cursos

  1. 1.«As Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na aula de español como lingua estranxeira: recursos e aplicacións didácticas» (Curso organizado en colaboración co Instituto Cervantes)
    • Obxectivos específicos:
      • Aprender a valorar a utilidade dos diferentes recursos que ofrecen as TIC, en función das necesidades particulares de cada perfil de estudante.
      • Ser quen de buscar e empregar as distintas ferramentas virtuais que permiten organizar actividades comunicativas e motivadoras en clase de español.
      • Deseñar actividades de ELE a partir das fontes de recursos que ofrece a rede.
    • Destinatarios:
      • Licenciados que se estean a especializar no ensino do español como lingua estranxeira.
      • Profesores de ELE.
      • Profesores de español como segunda lingua en primaria e secundaria.
      • Profesores doutras linguas segundas ou estranxeiras.
  2. 2.«A expresión e comprensión escritas: ensino e aprendizaxe»
    • Obxectivos específicos:
      • Ofrecer unha visión de conxunto sobre o ensino / aprendizaxe e o uso da comprensión e a expresión escritas con distintas funcións na adquisición dunha lingua estranxeira.
      • Coñecer as distintas metodoloxías de ensino da lectura e a composición e os recursos para enfocalas de modo procesual.
      • Coñecer, experimentar e valorar recursos variados para o tratamento didáctico da escritura en lingua estranxeira.
    • Destinatarios:
      • Estudantes de segundo e terceiro ciclo de Filoloxía.
      • Licenciados en Filoloxía que desexen orientar a súa formación cara ao ensino do español para estranxeiros.
      • Profesores de ELE que busquen potenciar as destrezas escritas na aula de español.
      • Profesores de primaria e secundaria que busquen recursos para mellorar a didáctica da escritura nas súas clases.
  3. 3.«As tarefas no MCER: tarefas gramaticais e tarefas de comunicación. Elección, secuenciación e seguimento»
    • Obxectivos específicos:
      • Familiarizarse co marco teórico ―o MCER― que dá orixe ás Tarefas.
      • Valorar a Tarefa como o instrumento pedagóxico que permite a aprendizaxe autónoma, un dos principios medulares presentes no MCER.
      • Comprender o papel, a finalidade e as repercusións da Tarefa no MCER.
      • Deseñar Tarefas finais a partir da boa secuenciación das tarefas gramaticais e de comunicación.
    • Destinatarios:
      • Estudantes de segundo e terceiro ciclo de Filoloxía.
      • Licenciados en Filoloxía que desexen orientar a súa formación cara ao ensino do español para estranxeiros.
      • Profesores de ELE ou doutras linguas estranxeiras.
  4. A literatura na clase de ELE»
    • Obxectivos específicos:
      • Reflexionar sobre a utilización da literatura no ensino do español.
      • Analizar e valorar a presenza da literatura nos materiais didácticos e nas clases de español como lingua estranxeira.
      • Familiarizar aos participantes coas posibilidades de aplicación da literatura na aula.
      • Producir materiais didácticos axeitados para as unidades que se programan.
    • Destinatarios:
      • Estudantes de segundo e terceiro ciclo de Filoloxía.
      • Licenciados en Filoloxía que desexen orientar a súa formación cara ao ensino do español para estranxeiros.
      • Profesores de ELE que desexen familiarizarse co uso da literatura na aula.
      • Profesores de primaria e secundaria que busquen ampliar os recursos didácticos para o ensino da literatura.
  5. 5.«Técnicas de dinamización na clase de ELE»
    • Obxectivos específicos:
      • Analizar recursos e estratexias para a docencia na aula de ELE.
      • Profundar nos procesos que facilitan a comunicación nas diferentes actividades da lingua.
      • Afondar no uso máis axeitado e óptimo dos materiais didácticos para a aula.
      • Desenvolver habilidades relacionadas co uso dos distintos recursos para o desenvolvemento na aula.
    • Destinatarios:
      • Licenciados en Filoloxía e estudantes do segundo ciclo de Filoloxía que busquen orientar a súa formación cara ao ensino do español como lingua estranxeira.
      • Profesores de segundas linguas e, en especial, de español como lingua estranxeira.
  6. 6.«O cinema como ferramenta na clase de ELE»
    • Obxectivos específicos:
      • Obter unha visión panorámica do cinema actual de España e Iberoamérica.
      • Descubrir, non só o interese cinematográfico das obras, senón tamén a súa utilidade didáctica para un profesor de español como lingua estranxeira.
      • Adquirir pistas de explotación didáctica dalgúns dos filmes que se mencionen nas sesións.
      • Saber programar actividades de explotación didáctica con filmes e saber inserir os seus contidos socioculturais en resposta ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
    • Destinatarios:
      • Estudantes de segundo e terceiro ciclo de Filoloxía.
      • Licenciados en Filoloxía que desexen orientar a súa formación cara ao ensino do español para estranxeiros.
      • Profesores de ELE que busquen dinamizar as súas clases coa inclusión de recursos con gran potencial de aprendizaxe como o cinema.
  7. 7.«O ensino de español a inmigrantes: recursos e habilidades docentes»
    • Obxectivos específicos:
      • Coñecer ben o perfil de aprendizaxe de persoas que acceden simultaneamente á aprendizaxe da lingua ―neste caso, o español― e a un proceso alfabetizador.
      • Dialogar e negociar entre participantes e docentes para establecer os intereses, as necesidades, as expectativas e as características deste proceso de aprendizaxe tan definido.
      • Empregar os recursos oportunos para cada momento de aprendizaxe: xogos, dinámicas, actividades, etc.
      • Flexibilizar as técnicas e habilidades docentes en función da diversidade presente nunha clase de ELE para inmigrantes.
    • Destinatarios:
      • Profesores españois e estranxeiros de español como lingua estranxeira.
      • Profesores de Lingua española e Literatura en educación secundaria que traballan con emigrantes nos seus centros.
      • Profesores de español en asociacións ou institucións que traballan con poboación inmigrante.
      • Licenciados en Filoloxía ou estudantes de último curso que desexen orientar a súa formación ao ensino do español para estranxeiros.
  8. 8.«O desenvolvemento da autonomía no alumno de ELE»
    • Obxectivos específicos:
      • Axudar aos alumnos a aprender con máis eficacia e, como consecuencia, a comunicarse mellor en español.
      • Empregar as ferramentas para desenvolver nos estudantes a súa capacidade de avaliar os procesos lingüísticos, o proceso de aprendizaxe e os recursos elixidos para aprender o español.
      • Integrar o desenvolvemento da capacidade de aprender co resto dos compoñentes do programa de ensino e aprendizaxe de ELE.
      • Utilizar técnicas e habilidades docentes na aula para o desenvolvemento da capacidade de aprender nos alumnos.
    • Destinatarios:
      • Estudantes de segundo e terceiro ciclo de Filoloxía.
      • Licenciados en Filoloxía que desexen orientar a súa formación cara ao ensino do español para estranxeiros.
      • Profesores de español como lingua estranxeira e como segunda lingua.
      • Profesores de español en educación secundaria.