Home > Servizos dirixidos a > Estudantes > Curso de preparación a DELE

Estudantes: Curso de preparación a DELE

A Fundación Comillas organiza cursos de preparación para a obtención dos Diplomas de Español como Lingua Estranxeira (DELE).

Os Diplomas de Español como Lingua Estranxeira son os títulos oficiais, acreditativos do grao de competencia e dominio do idioma español, que convoca o Instituto Cervantes. Hai tres convocatorias ao ano e tres niveis diferentes: Inicial, Intermedio e Superior.

O exame

Cada un destes exames consta das probas de comprensión de lectura, expresión escrita, comprensión auditiva, gramática e vocabulario e expresión oral.

A preparación

Os cursos de preparación ao DELE organizados pola Fundación Comillas son cursos modulares acumulables de 20 horas, cada módulo é dunha semana de duración.

Levarás a cabo simulacións de exame seguindo os modelos propostos polo Instituto Cervantes e facilitaráseche a bibliografía, textos e exercicios necesarios para o repaso das funcións gramaticais básicas.

Ao chegares ao centro, farás unha proba específica segundo o diploma ao que queiras optar. Os profesores cualificarán estes exames e aconsellaranche o curso preparatorio para o diploma no que poidas ter máis posibilidades de éxito.

Curso intensivo + Curso preparación DELE

Na Fundación Comillas, os estudantes que non teñan o nivel mínimo para facer un curso de preparación para os exames DELE poden realizar a combinación dun curso intensivo en grupo cun curso de preparación para os exames DELE.